Cabanas Prehistóricas do Outeiro das Mouras

As Vivendas

 

Neste caso as instalacións están vinculadas a cómo serían as vivendas durante este período da prehistoria recente que se quere recrear. Son outras das estruturas documentadas no rexistro arqueolóxico, pequenas estruturas circulares escavadas no chan para cimentar as súas paredes.

Con esta idea creáronse tres cabanas circulares cunha factura semellante á anterior, cunhas dimensións que roldan entre os 4 e 5 metros de diámetro, realizadas co entrelazado de varas de madeira entre postes de castiñeiro, reenchidas con palla e barro e cubertas de pallabarro. Cunha estrutura de teito realizada tamén con castiñeiro a modo de armazón e cuberta con xestas formando un cono sobre a construción.

Trátanse dos espazos privados da vida cotiá, onde se desenvolve a vida familiar e persoal, as actividades que as persoas realizan diariamente de xeito común: comer, durmir, traballar... Lugar de dormitorio e das escenas domésticas máis comúns, terían fogares centrais e mobiliario de uso común.

Temos que considerar que as formas de vida son moi diferentes ás nosas, e as formas de actuar, e de responder ante o medio, xeran tradicións e costumes características da vida na Idade dos Metais.